La actividad docente

El profesor Martín ejercita la actividad formativa como profesor en el IES Vilamarín. Asimismo, de manera voluntaria y desinteresada colabora con la Asociación cultural As Ortigas. Desde este ente imparte ejecuta formativas con niños, adultos.....


Curso impartido para la Asocición CUCO.
A continuación se puede leer parte del fragmento del articulo publicado en DUVI, Diario de la unifversidad por Raquel Feijóo, para leer ael artículo entero clicka aquí.DUVI

"O estudantado aprende a elaborar menús saudables no obradoiro de cociña
O obxectivo do curso é ensinarlles a preparar uns pratos baratos, sinxelos e rápidos
Aprender a elaborar menús baratos, sinxelos e rápidos é o obxectivo do obradoiro de cociña que vén de pór en marcha a asociación universitaria Cuco como parte da programación de actividades para o lecer promovidas pola Vicerreitoría do campus. No curso participan 20 estudantes que esperan aprender a elaborar novos menús para saír da monotonía das súas preparacións culinarias. Un dos primeiros pasos foi unha clase práctica nun supermercado onde aprenderon a facer unha boa compra como requisito imprescindible para cociñar ben.

Obradoiro de cociña

Os participantes no obradoiro e o docente Martín Álvarez (á dereita da imaxe) minutos antes de comezar a clase práctica sobre aprender a mercar.....

A Universidade é un centro para a formación intelectual e o desenvolvemento persoal do individuo, pero supón tamén o primeiro paso para a independencia do fogar xa que moitos estudantes teñen que desprazarse fóra da súa residencia habitual para poder asistir ás clases. Apuntes, exames e unha maratón de probas académicas forman parte do día a día dun alumnado que debe enfrontarse tamén a outra proba totalmente distinta pero igual de dificultosa se non se ten nin idea: a cociña. Para iso, os membros da asociación universitaria Cuco veñen de pór en marcha un obradoiro de cociña co obxectivo de axudar aos estudantes a elaborar uns menús saudables que sigan tres regras fundamentais: baixo prezo, nula dificultade e rapidez na súa preparación.


Martín Álvarez, profesor da Escola de Hostalería de Vilamarín e docente do curso, asegura que o éxito dun bo menú está na compra. Segundo explica, “comprar é incluso máis importante que cociñar porque é aí onde vai estar o segredo dun bo prato e o aforro dunha casa”. Neste senso, unha das actividades do obradoiro foi unha clase práctica na que os participantes percorreron as distintas seccións dun supermercado acompañados polo docente para coñecer o abano de alimentos presentes no mercado, as súas calidades e a súa utilización como ingredientes na cociña.

O punto de partida da compra está na froitería

Profesor e estudantes comezaron o seu percorrido polo establecemento na froitería, “o lugar onde debe empezar a compra” segundo subliñou o docente. Martín Álvarez explicoulles as bondades das froitas, verduras e hortalizas facendo especial fincapé na necesidade de consumir estes produtos a diario para gozar dunha boa alimentación. Faloulles do tomate “que pode mellorar calquera prato”, da berenxena e do calabacín “que hai que consumir pronto” e das patatas “pero non sempre fritas posto que hai receitas moi sinxelas que nos permiten preparalas asadas e ao forno, por exemplo”. A visita continuou polos diferentes postos do supermercado, dende a sección de pastas e arroces ata os embutidos, as conservas “uns produtos moi utilizados polos estudantes que se poden empregar na cociña de moitas maneiras e que permiten unha enorme variedade nos pratos”, o peixe, a carne, os ovos, o chocolate “que ademais de ser un doce moi rico é tamén un excelente condimento de moitos menús” e os lácteos. Martín Álvarez eveloulles tamén o contido dunha boa compra nesta época do ano. “Mazá ou kiwi, espinacas, bacallao, garbanzos e unha cabala da peixería. Con estes ingredientes podemos elaborar un menú completo nutricionalmente e composto por produtos da temporada”. Todo isto sen esquecer o pan. “Hai moitos mitos arredor del que debemos combater defendendo as calidades do noso pan de sempre feito con millo, centeo ou salvado, entre outros cereais”.





Docencia con niños